Ola! Seguro que o estades pasando estupendamente. Lembrádevos de adicarlle un pouco dese tempo de lecer a un amigo como é o libro. Xa sabedes que ler tamén axuda a pasar un momento moi divertido. Non esquezades publicar un comentario sobre o que estades lendo, pois un compañeiro/a pode estar tamén interesado en ler ese libro. Espero que disfrutedes das vacacións.
As Nosas Etiquetas
- Aparello Locomotor (3)
- celebracións (1)
- coñe6 (1)
- Europa (1)
- galego5 (3)
- galego6 (4)
- Lengua5 (1)
- Letras Galegas (1)
- ligamatematica5 (1)
- M.C.M.M.C.D (9)
- Mapa (1)
- Mapa de relevo. (2)
- Mapa de ríos de España (1)
- Mapa de ríos de Europa. (3)
- mapas de coordenadas (1)
- Mapas de ríos (1)
- Mapas interactivos (1)
- mates5 (11)
- mates5calculadora (11)
- mates6 (2)
- mates6tablasconversion (11)
- naturais5 (5)
- naturais6 (1)
- Nome de ríos europeos (2)
- Relevo de España (2)
- Ríos de España (1)
- Sociais5 (7)
- Sociais6 (2)
- tablatempo5 (10)
- traballosmagnitudes5 (3)
- Xeometría (1)
Roi:
ResponderEliminarTítulo: A galiña que puido ser princesa.
Páxinas: 61.
Autor: Carles Cano.
Editorial: ANAYA.
O libro comeza cun grupo de turistas que no escudo dun castelo ven un Sol, preguntanlle o guía porque hai un Sol, e este dinlles que non é iso, senón un ovo frito. Todo ten unha a historia que contar:
Un principe que estaba enfermo, ofreceu casarse con quen lle curara, puxo anuncios por todos os lados pero nadie era capaz de curalo. Máis tarde, enviou pombas mensaxeiras por todos os reinos. Unha pomba pasou por riba dun reino moi escándaloso en riba dun vocán, e co susto soltou un dos anuncios. O reino era de galiñas, que o saber a noticia puxéronse moi contentas. Pepita, que era como se chamaba a galiña, decidiu ir en busca do príncipe para curalo. Seguiu polo lado contrario onde viña a pomba, ata que atopou unha velliña e ela lle preguntou se tiña algo de comer. Pepita deulle uns ovos, e a vella, sacou unha tixola e fritiunos. Como estaban tan ricos, regaloulle a Pepita e súa tixola e díxolle que era máxica.
Por agora levo isto, esta gustándome moito e espero que a próxima parte gústeme máis.
Roi:
ResponderEliminarA galiña qu puido ser princesa.
Pepita seguiu camiñando coa tixoa atada na espalda. Mentres camiñaba, como non sabía o que facía a tixola máxica, foi probando, non pasaba nada, entón decidiu tirala. Cando a tirou derrepente volveu e deulle na cabeza, entón descubriu que volvía cando a tiraba, e decidiu quedar con ela. Seguiu camiñando cando de súpeto tiraronlle frechas, era un cazador! Pepita correu e escondeuse nun bosque ata que o cazador se foi.
Pepita seguiu comiñando protexéndose do sol coa tixola, ata que nunha cova atopou un dragón que a quería comer. O gragón lanzou un raio de lume e Pepita llo devolveu coa tixola, mentres ela escapaba. Seguiu andando e, nun claro había un galo atado e un raposo queríao comer. Pepita, lanzoulle a tixola, desatou o galo e se foron. Cando chegaron o castelo o príncipe xa había morto. No funeral, Pepita púxose a por ovos e un caeu no casco dun guardia e empezouse a fritir, o pr´ñincipe que non estaba morto preguntou que era, e ela díxolle un ovo frito. Ao comelo o príncipe, curouse e Pepita decidiu non casar co príncipe e casar co galo.
FIN.
OPINION PERSOAL: gustoume moito porque tiña moitas aventuras, e era moi gracioso.
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarSaúl:
ResponderEliminarTítulo: O gardián da lúa.
Páxinas: 78.
Autor: Jordi Sierra i Fabra.
Editorial: Anaya.
O libro trata dunha familia que vive na lúa.
O gardián da lúa que se chama Zion, ensinalle ao seu fillo o marabilloso que e ver a Terra. Descenderon e foron para a súa casa, entón unha voz díxolles que tal iba todo pola lúa e Zion contestou que ben. Alam que era o fillo de Zion soñaba con ir á Terra e entón preguntoulle a súa nai cando iría a Terra e ela contestoulle que iría algún día, e os seus pais quedarian alí. Cada vez había máis naves que marchaban, así que un día Blaya que era unha das principais responsables e asesoras da Comisión Mundial do Espacio díxolle que tiñan que marchar pra Marte, e eles contestáronlle que non.
Vou a seguir lendo para ver que pasa.
Saúl:
ResponderEliminarO gardián da lúa.
Alam fixo os dezasete anos, entón o seu pai e a súa nai morreron, e unha voz lle dicía que fose a Terra. Empezou a fabricar unha nave con algunhas pezas da nave do seu pai, unha peza dun milímetro podía encontrala en dúas semanas. Se converteu no gardián da lúa, e un día foi a Base Lunar a revisar todo e unha nave diríxiase a Terra, un día tras outro facía chamadas dicindo "Aquí Base Lunar" Alam conseguiu desviar a nave hacia a lúa, mentres descendía a nave o nerviosismo era maior, e cando descendeu de todo Alam descubriu que había unha rapaza que lle habían mandado unha misión de cinco anos, pero non a cumpliu, ela e Alam fíxeronse amigos e deron un pequeno paso para a humanidade. FIN.
OPINIÓN PERSOAL: gustoume moito este libro porque é moi divertido é ten un final feliz, o recomendo para ler.
Rubén:
ResponderEliminarTítulo: O meu tío Teo.
Páxinas: 109.
Autora: Pilar Mateos.
Editorial: Anaya.
O libro trata dun neno que ten unha familia moi rara.
Ata que chegou o seu tío Teo, que é un pouco raro, o neno non tíña nin avós, nin tíos, nin primos...
Un día ían a recoller ao seu tío Teo, e o neno pensou que se lle ía a presentar o dianteiro centro do Real Madrid, en cambio, se encontrou co tío Teodoro, que tiña a mesma idade que o neno, el quedou sorprendido.
Opinión Persoal: É divertido, pero non me gusta moito, a súa traducción ao galego non é moi boa porque ten moitos errores, aínda así, o recomendo.