lunes, 7 de abril de 2014

Iniciando !

Coido que este blogue é o comezo dun traballo dinámico e entretido entre profesorado e alumnado, onde a participación destes últimos será a que verdadeiramente dea vida ao blogue.

Ola !

Ola! Que tal?
Vos presentamos o noso blogue de 3º ciclo de primaria. Nace coa vocación de ser un lugar de encontro para os profesores e todos os alumnos de 5º e 6º de primaria do colexio de Covelo.

Neste muro virtual poremos as nosas actividades, traballos, reflexións, excursións... Esperando que teña unha vida moi longa e que nos sexa de moita utilidade.