Facendo Gráficas!

(CURSO 2013 - 2014) Traballando as Gráficas
A intención desta nova entrada é darlle algo de contido a sección que creamos na última sesión relativa as actividades do alumnado, concretamente no meu caso na área de matemáticas. Ademais pretendendo tamén aproveitar para poñerlle unha tarefa aos meus alumnos/as de sexto. ! Non sei se eles terán tanto entusiasmo como teño eu con isto do blogue !
De tódolos xeitos a tarefa vai ser pequeniña e sinxela, a modo de proba vamos.
Ben rapaces/as estades listos/as?
Vai:
Tarefa.- Crear unha folla de calculo sixela na que se recolla información numérica, (entre 4 a 6 campos), sobre algún concepto matemático acompañando está información cunha gráfica. Unha vez creada a folla, a información da mesma se converterá a formato de imaxe jpg.
Prazo.- 11 de abril de 2014
Presentación da tarefa.- Enviaranse os dous arquivos, ( excel e jpg ), en prazo e indicando o nome do alumno/a ao meu correo: barrocus59@gmail.com. Tamén se pode utilizar o correo para consultas e dúbidas.
Este podería ser un exemplo:


Ánimo a todas e todos.
PD.- A modo de proba si, pero con nota... jeje

24.03.2014
Que eficacia... o primeiro en entregar o traballo con moitísima antelación. Felicidades
Roi (01) [SOB - 9,5]



25.03.2014.- Novos traballos entregados.. Non sei se estas presas Terán algo que ver coa proximidade da segunda avaliación. No quero pensar mal pero normalmente o bo ou mal traballo dun trimestre non se cambia na última semana. Aquí temos o de Gabriel (02) [NOT - 7,5]



E agora o de Rubén (03) [NOT - 8,0]


Canto futboleiro... non vos parece

31.03.2014.- Hoxe publicamos a gráfica de Albino (04) [SOB - 9,0]



02.04.2014.- Seguimos completando gráficas. Nesta ocasión as de Saul (05)  [SOB - 9,5]
e Nair (06) [NOT - 8,0] respectivamente.




07.04.2014.- Pouco a pouco imos completando o traballo. Lembrar que a data límite é o próximo venres 11 de abril. Todavía faltan oito traballos. Hoxe publicamos as de Adrián (07) [NOT - 7,5] e Daniel (08) [NOT - 8,5] respectivamente.




08.04.2014.- Hoxe publicamos a gráfica de André (09) [SOB - 9,0]


10.04.2014.- Imos completando os traballos porque o prazo está a punto de finalizar. Hoxe publicamos os de Noa (10) [SOB - 9,0], Nuria (11) [NOT - 8,5], María (12) [SOB - 9,5] e Samuel (13) [NOT - 8,5].




11.04.2014.- Ben, é no último día chegan algúns traballos máis. Nesta ocasión o de Anxo (14) [NOT - 8,5].






1 comentario:

  1. Soy Dani:
    Que traballadores somos os nenos de 6º de primaria jajajajaja

    ResponderEliminar